• Este é o blog de Sementar, unha asociación que pretende darlle vida ao convento de Herbón e aproveitar as súas posibilidades para desenvolver proxectos ambientais, sociais e culturais, relacionados principalmente coa agricultura e a gandería ecolóxicas e a recuperación do patrimonio.

Concerto de Nadal, por Collegium Compostellanum

O convento de Herbón tamén é un espazo susceptible de acoller eventos culturais como o que temos programado para este mes de Nadal. O vindeiro venres 19, ás 20:00 horas, o coro Collegium Compostellanum, fundado en 1988 por Maximino Zumalave, ofrece aquí un concerto de panxoliñas do mundo (cantadas en portugués, inglés, francés, alemán…), baixo [...]

Comezo do curso: a compostaxe

Comezamos o noso curso de agricultura ecolóxica nunha xornada fría e húmida pero co calor de novos amigos e amigas de Sementar que se achegaron ata Herbón desde Forcarei, Ponteareas, Rianxo, Pontecesures, Rois, Santiago, Iria, Pazos… pouco a pouco imos facendo grupo! A mañá, segundo o previsto, pasámola escoitando todo o que Aurora nos tiña [...]

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.