• Este é o blog de Sementar, unha asociación que pretende darlle vida ao convento de Herbón e aproveitar as súas posibilidades para desenvolver proxectos ambientais, sociais e culturais, relacionados principalmente coa agricultura e a gandería ecolóxicas e a recuperación do patrimonio.

Concerto de Nadal, por Collegium Compostellanum

O convento de Herbón tamén é un espazo susceptible de acoller eventos culturais como o que temos programado para este mes de Nadal. O vindeiro venres 19, ás 20:00 horas, o coro Collegium Compostellanum, fundado en 1988 por Maximino Zumalave, ofrece aquí un concerto de panxoliñas do mundo (cantadas en portugués, inglés, francés, alemán…), baixo a dirección de Juan Carlos Dorgambide.

Se vos achegades poderedes escoitar as pezas Dadme albricias, do Cancioneiro de Uppsala (século XVI); Los reyes siguen la estrella e Niño Dios, de Francisco Guerrero; Heilige nacht, de J.F. Reichardt; Hark! The herald Angels sing, de F. Mendelssohn; Veni Enmanuel, de Z. Kodaly; Karácsonyi Bölcsödal, de Bárdos Lajos; Il est né Le Divin Enfant; de G. Fauré; I saw three ships (popular inglesa); Linda noite (popular do Algarve), Canzone di natale, de L. Castellazzi; e White Christmas, de Irving Berlin.

Ademais, tamén poderedes ver o Nacemento que Sementar preparou para a súa exposición na igrexa, formado por pezas moi fermosas que se conservan desde moi antigo no convento de Herbón.

escaladoa

3 Respostas

  1. [...] cantan en Herbón Publicado en Decembro 13, 2009 por asociacionsementar Tralo éxito do pasado ano convidámosvos ao segundo Concerto de Nadal que organiza Sementar, desta vez cos nenos e nenas do [...]

  2. [...] éxito do pasado ano convidámosvos ao segundo Concerto de Nadal que organiza Sementar, desta vez cos nenos e nenas do [...]

  3. [...] espazo para a música non deberon faltar (para mostra as nosas anteriores experiencias en 2008 e 2009) así que esta mañá alegrámonos moito de saber que a programación de Espazos Sonoros ten [...]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.