• Este é o blog de Sementar, unha asociación que pretende darlle vida ao convento de Herbón e aproveitar as súas posibilidades para desenvolver proxectos ambientais, sociais e culturais, relacionados principalmente coa agricultura e a gandería ecolóxicas e a recuperación do patrimonio.

O noso particular reino micolóxico

Coa axuda do noso amigo e socio, o biólogo Xaime M. González, aprendemos moitas cousas novas sobre o curioso e apaixonante mundo dos cogomelos. Os e as que nos acompañastes o sábado xa tivestes ocasión de descubrir que, en moi pouco tempo, podemos atopar unha morea de fungos do máis variado sen saír dos muros do convento de Herbón. Para os que non puidestes pasarvos, aquí vos van unhas fotos da xornada e deses outros habitantes que conforman un elo impresdindible na supervivencia do noso ecosistema.

 

3 Respostas

  1. Ola a todos!
    cantas e que variadas!.Atopamos moitos tipos diferentes nunha hora aproximadamente : amanitas.cantarelas,lepiotas,boletos,níscalos….

    Moi entretida e interesante.Non me podo esquecer das castañas asadas e as tartas que degustamos co café e tampouco me podo esquecer de mandar moitísimas grazas para Ponteareas pola estupenda tarta de chocolate que nos trouxeron.
    Vémonos na seguinte actividade.Un saudo verde.

  2. Ola

    Moitas gracias a asociación polo día tan agradable que nos fixeron pasar, Pilar un encanto, a anfitriona perfecta, aprendín un montón de cousas con ela.

    Se facedes outra xornada eu apuntome, quedei con ganas de saber mais sobre cogumelos

  3. [...] do éxito do pasado ano este sábado día 23 de outubro no convento de Herbón (Padrón) temos de novo unha Xornada [...]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.