• Este é o blog de Sementar, unha asociación que pretende darlle vida ao convento de Herbón e aproveitar as súas posibilidades para desenvolver proxectos ambientais, sociais e culturais, relacionados principalmente coa agricultura e a gandería ecolóxicas e a recuperación do patrimonio.

Os nenos e nenas do coro da Orquestra Sinfónica de Galicia cantan en Herbón

Tralo éxito do pasado ano convidámosvos ao segundo Concerto de Nadal que organiza Sementar, desta vez cos nenos e nenas do coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Os nosos amigos e amigas da Asociación Galega de Amigos do Camiño, do Seminario Galego de Educación para a Paz e do gabinete psicopedagóxico Viravolta colaboraron para que fose posible ofrecervos este concerto, para o cal tamén imos contar coa axuda organizativa de Amipa.

Para que saibades algo máis sobre a formación que nos acompañará este venres, día 18.00 ás 20.30 horas na igrexa do convento de Herbón, dicirvos que pertence á Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), unha das agrupación orquestrais con maior proxección de España. Este coro de nenas e nenos, que fixo a súa presentación musical a comezos do ano 2000, e que dirixe desde entón José Luís Vázquez, está formado por uns 50 nenos e nenas de entre 10 e 14 anos. En Herbón interpretarán, co acompañamento ao piano de Isabel Gómez Alonso, o repertorio que podedes ver despois deste cartel. Esperámosvos este venres, non faltedes!

Repertorio:

1.- Cantata “Christ lag in Todesbanden”, BWV 4 (Den Tod niemad zwingen kunnt/Jesus Christus, Gottes Sohn)

2.- Terceto “Hebe deine Augen auf”  (Elías. (1846-47))

3- Veni Domine. Op. 39, Nº 1

4.- Ave María (In memoriam José  Rada)

5.- Así cantan los chicos…  (Tres escenas infantís) (1909)

6.- Los chicos del coro (Cerf-volant/Vois sur ton chemin)

7.- Déixame (Canto de berce)

8.- Vinde, vinde

9.- Popurri de villancicos: J. S. Bach (1685-1750), F. Mendelssohn (1809-1847), F. Mendelssohn (1809-1847), Francisco Ibáñez Irribarria, Jesús Guridi (1886-1961), Christophe Barratier – Bruno Coulais, Demetrio Iglesias, Popular de Nemesio García Carril. (Arr.: Fdo. L. Briones)

Unha resposta

  1. [...] espazo para a música non deberon faltar (para mostra as nosas anteriores experiencias en 2008 e 2009) así que esta mañá alegrámonos moito de saber que a programación de Espazos Sonoros ten [...]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.