• Este é o blog de Sementar, unha asociación que pretende darlle vida ao convento de Herbón e aproveitar as súas posibilidades para desenvolver proxectos ambientais, sociais e culturais, relacionados principalmente coa agricultura e a gandería ecolóxicas e a recuperación do patrimonio.

Obradoiro de restauración artística

Terceira xornada, para as persoas que asistíchedes á primeira e á segunda, o vindeiro sábado 30 de abril a partir das 10.00 da mañá.

Segunda xornada, para as persoas que asistíchedes á primeira, o vindeiro sábado 9 de abril a partir das 10.00 da mañá.

A recuperación dos bens artísticos do convento de Herbón foi unha das liñas de traballo que trazamos no proxecto de Sementar. Nela, situamos o obradoiro de restauración de arte que comezaremos durante a primeira quincena de marzo (coa data aínda pendente de confirmar).

O noso amigo Javier Tembra, un bo coñecedor das técnicas de restauración de arte, achegaranos nunha primeira xornada unha serie de coñecementos teóricos sobe esta disciplina. Falaranos das técnicas, dos materiais, de como foron cambiando certas prácticas ao longo do tempo, de como identificar os problemas concretos que pode presentar unha peza… Ao remate desta primeira parte, analizaremos e valoraremos con el o estado de conservación das tallas que se atopan no claustro vello do convento, as primeiras que trataremos de recuperar. Será baixo a súa dirección e coa axuda daquelas persoas que, logo desta primeira xornada, amosen o seu interese por asistir a novas convocatorias deste obradoiro.

Se che gusta a arte e queres aprender algo sobre estas técnicas e colaborar con nós na recuperación do patrimonio desta casa, déixanos un correo en sementar@gmail.com ou danos unha chamada ao 617 260 670. Acabamos de confirmar a data deste primeiro encontro, que será o vindeiro sábado día 5 de marzo a partir das 10:00 da mañá (ata o mediodía).

4 Respostas

  1. Ola, bo día!!
    Entereime do obradoiro de restauración artística a través da AMIPA e
    paréceme unha idea xenial. Estaría encantada de poder asistir a esta
    primeira convocatoria. Non teño coñecementos previos sobre restauracións
    pero estaría encantada de poder aprender.

    O que necesito saber é o horario, falades de que é pola mañán pero coido
    que non lin a qué hora. Se necesitades os meus datos, comentádemo nun
    correo, por favor.

    Espero entón a vosa resposta co que sexa¡

    Moitas grazas e parabéns pola idea.

    Un saúdo

  2. UUUUfffffffffffffffffffffff, cómo ando !!!!!!!! acabo de ver perfectamente a hora en negrita!!!!!!!
    Disculpade.

  3. Ola! Empezamos ás 10 da mañá e rematamos á hora de xantar.Agardámoste en Herbón!.

  4. Hola!
    Eu tamén me enterei por Amipa. Estudiei Hª da arte e encantaríame poder asistir ao obradoiro. Agardo a vosa resposta.
    Saudos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.