Convidámosmos a que este sábado, día 2, nos acompañedes de novo a gozar dun espazo natural privilexiado que, a pesar de ter tan preto, moitos e moitas de nós non tivemos aínda ocasión de coñecer como deberiamos. Logo do roteiro guiado polas brañas de Laíño que gozamos hai agora xusto un ano quedounos ganas de máis, sobre todo de coñecer a outra parte das brañas que non visitamos aquel día, de Dodro a Padrón. Acompañados/as de novo do profesor Manuel Lorenzo Baleirón -un gran coñecedor da historia, das tradicións e do hábitat natural deste espazo- percorreremos desta vez a outra parte das brañas, a que vai desde a área recreativa do Bosque, en Dodro, ata Padrón.
Esperámosvos este sábado día 2 ás 9.30 da mañá na área do Bosque, en Dodro. Podedes traer algo para o xantar (comeremos ao rematar a xornada), auga, botas para a lama, sombreiro para o sol… e todo o queirades pero principalmente moitas ganas de andar (son aproximadamente uns 10 quilómetros) e de coñecer as brañas!! Remataremos a xornada a iso das 14.30 horas. Se aínda non estades convencidos/as deixámosvos esta ligazón para que poiades descargar unha fermosísima guía editada por Verdegaia na que atoparedes moita información sobre as brañas de Laíño, un dos espazos húmidos máis extensos, descoñecidos e de maior valor ambiental do noso país, e non só pola súa biodiversidade, tamén pola súa historia e etnografía. E para convencervos aínda máis tamén vos deixamos imaxes da primeira visita ás brañas, o 3 de xullo de 2010. Ah! e se aínda vos quedan dúbidas, xa sabedes que podedes chamarnos ao 617 260 670 para resolvelas todas, ou mandarnos un correo electrónico a sementar@gmail.com.
Arquivado en: Uncategorized




Dende Rianxo un saudo de Oti ;Ro e Kata, que pasamos unha mañan diferente na vosa compaña, esperemos que pronto volvamos atoparnos e seguir deleitandonos coa natureza , Grazas a todos
Ola! Foi un pracer disfrutar de novo das Braas e de Manolo Baleirn.Estaremos encantados de volver a vervos en outras actividades, non deixedes de visitar o noso blog de cando en vez. Unha aperta.