• Este é o blog de Sementar, unha asociación que pretende darlle vida ao convento de Herbón e aproveitar as súas posibilidades para desenvolver proxectos ambientais, sociais e culturais, relacionados principalmente coa agricultura e a gandería ecolóxicas e a recuperación do patrimonio.
  • O noso Facebook

Participa

Sementar é un proxecto aberto no que todas e todos podedes entrar, colaborar, participar e apoiar.

Calquera colaboración é benvida. Se queres facerte socio/a da asociación, terás prioriodade á hora de participar en todas as actividades, cursos, etc. (con prezo reducido naqueles que sexan de pago) ao tempo que apoias económicamente o proxecto. A cota anual é de 30 euros.

E, sexas socio/a ou non, podes participar como colaborador/a-voluntario/a nas actividades de Sementar, tanto nas relacioadas co manexo da horta e do gando, como naquelas vinculadas á conservación do patrimonio do convento de Herbón.

Se queres ser socio/a, se queres ser colabor/a-voluntario/a ou simplemente queres que te teñamos ao día das actividades que organiza Sementar, envíanos un mail a sementar@gmail.com ou chámanos ao 617 260 670.

A %d blogueros les gusta esto: